Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Documentais do Barrio: O PRÓXIMO BAILE SERÁ COMIGO

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

07/09/2026

Horario:

19.00 h

Enderezo:

Cines Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade

Contacto:

Enderezo: Av. Exército, 52, 15006 A Coruña

Teléfono: 981 29 81 22

www.facebook.com/redeoza.org

Organiza:

Asociación Veciñal Oza Gaiteira Os Castros

A Asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros organiza a proxección do documental O PRÓXIMO BAILE SERÁ COMIGO

O próximo baile será comigo, unha obra de que Sabela Losada Cortizas aborda, en primeira persoa, a importancia do apoio mutuo entre mulleres fronte á violencia machista.

O documental, que xa xerou un importante interese e debate, foi preestreado en Santiago, recibiu o Premio Luisa Villalta 2024 da Deputación da Coruña, un recoñecemento que pon en valor o seu achegamento á igualdade e á reflexión social.

Unha mirada sobre a forza do apoio mutuo

O próximo baile será comigo, pon o foco na importancia da sororidade e do apoio mutuo entre mulleres, mostrando como este acompañamento pode resultar fundamental para afrontar situacións de violencia machista.

A obra tamén aborda unha realidade especialmente complexa: a falta de apoio social e institucional coa que en moitas ocasións se atopan as vítimas.

A través dunha mirada directa e en primeira persoa, o documental busca achegar ao público a unha realidade que continúa presenta na sociedade e promover unha refexión colectiva sobre a necesidade de acompañar, apoiar e non deixar soas ás mulleres que sofren violencia.

O próximo baile será comigo, é un proxecto de, Sabela Losada Cortizas coa participación de Alicia García Sampedro, Carmen, Cata Alonso Abeijón,de Merchi Alejandra Di Nuovo Gómez), Ysabel Marcano Sabela Losada Cortizas. Conta coas cámaras de David González Chema Montero, son de Francisco Gómez, montaxe de Susana Sotelo Chema Montero, posprodución de son de Brais Barreiro e cor de Javier Brun

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión