Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

EcoLecturas. Obradoiro e roteiro ambiental co Grupo Naturalista Hábitat

Por tipo de actividade:

Visitas guiadas, Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Mocidade de entre 8 e 12 anos, ambas idades incluídas.

Cando:

Os días 16/09/2023 ás 11:00 , 23/09/2023 ás 11:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 09/09/2023 ata o 16/09/2023

Horario:

De 11.00 a 13.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Hashtag:

#EcoLecturas; Caderno de campo; GNHábitat; RoteiroAmbiental; Biodiversidade; PatrimonioNatural

Contacto:

bsagradaf@coruna.gal

981 184 392

Na Biblioteca da Sagrada Familia teremos un evento que busca crear conciencia ambiental: EcoLecturas.

Dentro do ciclo ambiental de "EcoLecturas" imos ter na biblioteca Sagrada Familia unhas xornadas de coñecemento, implicación e posta en valor do patrimonio natural para mozas e mozos de 8 a 12 anos, desenvolvido polo Grupo Naturalista Hábitat .

As xornadas realizarase en dous días: 

O día 16 de setembro levarase a cabo un obradoiro no que se elaborara un caderno de campo artesanal.

O día 23 de setembro poñerase en uso o caderno nun roteiro ambiental polo parque de Santa Margarida. Nel descubriranse a biodiversidade da nosa contorna e farase unha retirada activa de lixo.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión