Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

EcoLecturas. Miña terra meu lar: contos ambientiais con Caxoto

Por tipo de actividade:

Contacontos

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Nenos e nenas de entre 3 e 7 anos, ambas idades incluídas.

Cando:

19/09/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 12/09/2023 ata o 19/09/2023

Horario:

De 18.00 a 19.00 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Hashtag:

#EcoLecturas,; Contacontos; Caxoto; Reciclaxe; Coidado do Medioambiente; Ecoloxía

Contacto:

bsagradaf@coruna.gal

981 184 392

Na Biblioteca da Sagrada Familia teremos un evento que busca crear conciencia ambiental: EcoLecturas.

No ciclo ambiental de "EcoLecturas" imos ter da man do gran Caxoto, un espectáculo lúdico pero tamén didáctico no que nenos e nenas de 3 a 7 anos van a aprender a coidar o noso planeta como se fose a nosa casa... o noso lar. 

Un varredor (ou como el prefire que lle digan mozo da limpeza) que pasa polo escenario aproveita que o espectáculo aínda non vai comezar para esixir que se deixe de tirar cousas ó chan. Está farto de recoller gomas de mascar, papeis, pano dos mocos e avoas en bo estado de uso. Farto de que ninguén recicle o lixo. Farto de pisar cacas de can! 

A partir deste comezo un pouco excéntrico o seu discorrer escénico irá virando cara un ton máis amable dende o que a través de contos, dinámicas e cantigas sensibilizar en contidos relativos ao coidado ambiental.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión