Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Faladoiro literario: Emilia Pardo Bazán: unha mente poderosa

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Infantil, Familias

A quen vai dirixido?:

Dirixido a crianzas de 8 a 11 anos acompañados/as dunha persoa adulta.

Cando:

29/09/2021

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/09/2021 ata o 29/09/2021

Require só inscrición dos nenos e nenas

Horario:

De 18.00 h a 19.00 h

Duración:

1 hora

Enderezo:

Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do ciclo temático "Emilia Pardo Bazán e o seu tempo"

María Canosa é unha das autoras máis prolíficas da literatura infanto-xuvenil da literatura galega, ademais de ter publicados obras para outro tipo de público. Publicou numerosos libros de narrativa ou poesía e acaba de iniciarse tamén en dous campos novos: a divulgación científica e a biografía, pensando tamén en achegar os conceptos á xente máis nova. 

Un dos seus últimos libros é "Emilia Pardo Bazán: unha mente poderosa", unha biografía ilustrada (da man de Bea Gregores, editada polo selo Bululú), no que achega a figura da ilustre escritora ás crianzas. Baseándose neste texto, manterá un faladoiro arredor da figura de Emilia Pardo Bazán, resaltando as achegas máis importantes da protagonista en distintas facetas.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión