Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

International Games Month: Hoxe xogamos a...

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

Para nenos e nenas de 4 a 12 anos

Cando:

29/11/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/11/2025 ata o 28/11/2025

Require inscrición

Horario:

Das 11.00 ás 13.00 h

Duración:

2 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

brosales@coruna.gal

Tel.: 981 184 389

Celebramos o International Games Month nas Bibliotecas Municipais da Coruña

O sábado 29 de novembro, de 11 h. a 13 h., temos unha xornada de xogos dirixida a crianzas de 4 a 12 anos na Biblioteca Municipal Os Rosales (ou no Centro Cívico Os Rosales se continúan as obras).

Inscrición previa dende o sábado 22 de novembro.

Un ano máis, sumámonos a esta interesante iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a American Library Association (ALA), que aposta por poñer en valor o importante papel que poden exercer os xogos nas bibliotecas.

A actividade consiste na practica e aprendizaxe de diversos xogos de mesa, para nenas e nenos con idades comprendidas entre 4 e 12 anos. A selección dos xogos utilizados na sesión estará adaptada e deseñada en función do perfil e idades dos participantes.

Dispoñerase de 4 mesas de xogo, formadas por grupos de ata 4 crianzas. As partidas terán unha duración curta e dinámica (ata 30 minutos) e estarán acompañados de 2 monitores de Metrópolis Cómics que farán as demostracións e explicarán os xogos.

Esta actividade é compatible co Club de xogos de mesa da Biblioteca Os Rosales, que continúa en marcha: primeiro e terceiro sábado de cada mes. 

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión