Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Lamatumbá no AgoraSón do outono 2025

Cando:

17/10/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o venres 10 de outubro, entregaranse un máximo de dúas invitacións por carné de socia/o das Bibliotecas Municipais da Coruña (até esgotárense) ao coller libros ou outro material en galego para os levar en préstamo. Comproba o horario de apertura da túa biblioteca municipal de referencia.

As invitacións que sobraron estarán ao dispor pola tarde na biblioteca Ágora.

Horario:

21.00 horas 

Duración:

90 min aprox.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

De balde con invitación

Contacto:

Teléfono: 981 189 888

Correo: lingua@coruna.gal 

Con motivo do Día da Biblioteca e para promover a lectura en lingua galega e o préstamo de material audiovisual, o Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coas Bibliotecas Municipais do Concello da Coruña, organiza o AgoraSón 2025, con Lamatumbá en concerto.

Esta edición do AgoraSón terá como protagonistas a Lamatumbá.

O Servizo de Normalización Lingüística, o venres 17 de outubro ás 21.00 horas, volve organizar o concerto do AgoraSón outono (co gallo do Día da Biblioteca e para promover a lectura e o emprego de materiais audiovisuais en lingua galega), en colaboración coas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Lamatumbá ten catro discos publicados e multitude de concertos, polo que é unha das grandes referencias da música en galego das festas e verbenas das últimas décadas. Esta formación ourensá abre agora unha nova etapa, logo do seu regreso aos escenarios hai dous anos, con nova imaxe, novos temas e a intención de reinventarse e seguir sendo referencia no panorama musical galego. 

Este verán sacaron un novo tema, Botando leña, que lle dá título á xira. É un berro á resistencia para continuar nun mundo que, en demasiadas ocasións, convida ás derrotas e á rendición. A banda insiste na letra de Botando leña co seu chamamento habitual "á brincadeira", a un xeito de vivir que xira ao redor do gozo colectivo, "inmune á picadura do fracaso".

Este ano cumpríronse 20 anos do seu traballo Lume, (para que saia o sol) e o grupo está orgulloso de seguir oíndo nas voces do seu público os temas máis queridos, como o Licor café, o Desertor, o Reagge dos mariñeiros ou o San Benitín. Agora andan celebrando estes vinte anos e seguen "botándolle leña ao forno".

O evento terá lugar no auditorio do Centro sociocultural Ágora o día 17 de outubro ás 21.00 horas.

A asistencia será de balde, mais precisará a recollida previa de invitación nas Bibliotecas Municipais. 

Repartimento de invitacións

Repartiranse as invitacións, ata esgotárense, co préstamo de material en lingua galega (libros, películas, CDs de música etc.) dende o venres 10 de outubro nas bibliotecas municipais no horario de apertura de cada centro.

Faranse dúas quendas de repartimento: 

  • Horario de mañá: a partir das 9.00 h
  • Horario de tarde: a partir das 16.00 h

Consulta os horarios de cada unha das bibliotecas e do Punto de Préstamo de Mesoiro.

Repartiranse dúas invitacións por carné e son sen numerar.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión