Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Libros Vivintes: Ana Cabaleiro

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

26/01/2022

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.00 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#LibrosVivintes #SumandoCultura

Contacto:

bagora@coruna.gal

981 189 886

Edición especial do programa Libros Viventes co gallo do X Aniversario da Biblioteca Ágora con Ana Cabaleiro

Con motivo da celebración do noso X Aniversario, as persoas integrantes dos clubs de lectura das Bibliotecas Municipais da Coruña participarán dunha sesión especial para público adulto do programa Libros Viventes.

Nesta ocasión, a libro vivente será a xornalista e escritora, Máster en Estudos Teóricos e Comparados da Literatura e da Cultura da USC, Ana Cabaleiro (Silleda, 1974) que debutou no 2017 con "Sapos e Sereas" e, logo de facerse co Premio García Barros en 2018 por "As Ramonas", agora estrea novela finalista do premio Xerais, cunha historia baseada nun conflito veciñal que serve para presentar diferentes temas de actualidade.

Para máis información sobre Ana Cabaleiro, accede á conversa "As persoas para min son tesouros, tanto como os libros", no blog Suma Ágora.

Queres saber ...

  • Libros viventes

    En que consisten os Libros viventes?

    Libros viventes é unha iniciativa da Biblioteca Ágora pensada para lle dar a coñecer ao alumnado dos centros de secundaria da contorna as historias de vida de veciños e veciñas seus, a partir das que podemos reforzar o traballo en valores e o desenvolvemento persoal de mozos e mozas dentro e fóra das aulas.

    O procedemento de traballo é simple. Facemos unha selección previa de diferentes persoas da Coruña, gravamos as súas historias de vida e dámoslle forma de relato a parte desa historia e trasladámoslles os resultados aos alumnos e alumnas dos IES participantes.

    Son eles/elas quen escollen individualmente cal das historias queren coñecer, cal Libro vivente queren descubrir, para o que nunha data determinada facilitamos o encontro entre as persoas protagonistas de cada relato e os/as mozas que os leron.

    Deste xeito, os Libros viventes preséntanse como un método innovador para promover o diálogo, reducir os prexuízos, fomentar o entendemento entre as persoas e promover o intercambio de historias que, noutras circunstancias, non se podería compartir.

    As principais características do proxecto son a súa simplicidade e enfoque positivo.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión