Talleres
Infantil
Nenos e nenas de 9 a 14 anos
27/11/2024
Xa rematou
Dende o 20/11/2024 ata o 27/11/2024
Require inscrición
Das 18.30 ás 19.30 horas
1 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Require inscrición
981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático Construíndo Soños e o programa SomosPro
O mércores 27 de novembrobro ás 18.30 h na Biblioteca Fórum, temos o obradoiro Arquitectura e xeometría aplicada a cargo de Víctor González García-Echave (PALITROQUES). Está dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos.
O taller consistirá na montaxe de figuras e estruturas de diversos tipos. Faremos os sólidos platónicos e outros corpos xeométricos, ademais de pontes, torres, cúpulas e deseños de enxeñaría e arquitectura. Para todo iso, usaremos o recurso didáctico de Palitroques, un sistema baseado en barras e unións, que nos permitirá levantar dun modo sinxelo e rápido as nosas construcións.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible