Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".
Obradoiros
Infantil
De 6 a 12 anos
08/11/2017
Este evento xa rematou
Dende o 31/10/2017 ata o 08/11/2017
De 18.00 a 19.00 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
bforum@coruna.es
981 184 298
Neste 2017 temos o centenario da revolución máis importante do século XX: a rusa.
Queremos achegarnos ás manifestacións artísticas de Rusia. Da man de IRENE SANJUAN, ilustradora e deseñadora gráfica nacida na Coruña coñeceremos, de xeito práctico, as peculiaridades dos artistas rusos, a súa cultura e as súas influencias na literatura infantil.
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible