Talleres
Infantil
Para nenos e nenas de 8 a 14 anos
23/10/2025
Xa rematou
Dende o 16/10/2025 ata o 23/10/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.30 h
2 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Mentres dure a vida, sigamos co conto": 100 anos con Carmen Martín Gaite.
Obradoiro de collage: "Pequenas historias en recortes: unha viaxe con Carmen Martín Gaite"
A cargo de María Dolores López Polo
Xoves 23 de outubro ás 18:30 h.
Dirixido a público infantil 8 a 14 anos
Inscrición previa na web, dende o 16 de outubro ás 10 h.
Un taller dirixido a rapazas e rapaces para que poidan coñecer e experimentar a técnica do collage na traxectoria creativa dunha das autoras máis relevantes e vixentes da cultura española contemporánea, como é Carmen Martín Gaite.
"Son como unha muller dun cadro de Hopper coméndome unha mazá en soidade"
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible