Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Obradoiro de Robótica: Barreira con sensor

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

De 8 a 14 anos

Cando:

22/05/2018

Este evento xa rematou

Inscricións:

Dende o 15/05/2018 ata o 22/05/2018

Require incrición

Horario:

18 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

981 184 298

Actividade enmarcada no Ciclo Temático "Todo é Ciencia"

Ao igual que nos anos noventa aconteceu a revolución das videocámaras e na primeira década do século XXI a revolución dos móbiles e a expansión da internet, este segundo decenio está marcado pola universalización da robótica e da programación amateur.

Doutra banda, habitamos unha sociedade que produce incansablemente novos produtos tecnolóxicos que, ao seren consumidos, condenan ao desterro a moitos outros dispositivos que poden ter unha nova vida se procuramos medios para a súa reutilización. Por iso, neste obradoiro fuximos da idea de empregar xoguetes prefabricados e apostamos por materiais da vida real que se poidan adquirir ou reutilizar facilmente, contribuíndo así a reducir o lixo electrónico.

O futuro e a creatividade medran nas mans dos makers, o proxecto do obradoiro, da man de m8factorial, baixo o título "Barreira con sensor", consistirá na construción e programación dunha barreira mecánica que se activa coa presenza dun coche.

Queres saber ...

  • Obradoiros

    En que consisten os obradoiros?

    Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.

    Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.

    Máis información

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión