Para nenos e nenas de 9 a 14 anos
07/05/2025
Xa rematou
Dende o 30/04/2025 ata o 07/05/2025
Require inscrición
Das 18.30 ás 20.00 h
1,5 h
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático "Atemporal: a biblioteca está de moda"
O mércores 7 de maio ás 18.30 h na Biblioteca Fórum Metropolitano temos o obradoiro "Descubrindo a moda a través da pintura" impartido por Dolores L. Polo, para nenos e nenas de 9 a 14 anos.
Obradoiro de collage no que á rapazada plasmara o que é para eles a moda utilizando materiais de refugallo. É unha gran ocasión para coñecer o taller de Polo que é veciña no barrio é para crear como se fósemos auténticos deseñadores.
Aproveitade para descubrir a vosa parte máis artística!
Actividade con inscrición previa.
Tamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible