Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: Gallaecia Pop: a creación cultural e dixital contemporánea en galego

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Dirixido á mocidade e ao público adulto

Cando:

01/03/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 22/02/2023 ata o 01/03/2023

Require inscrición

Horario:

De 18.30 a 19.30 horas

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático COMUNICA-DOS: a importancia da alfabetización mediática e informacional (AMI)

O mércores 1 de marzo ás 18.30 h temos na Biblioteca Fórum un obradoiro impartido por Mario Brión Toucedo sobre a creación cultural e dixital en galego.

GALLAECIA POP é un obradoiro creado para dar a coñecer as implicacións específicas de vivir sendo unha cultura minorizada, as súas vantaxes e oportunidades creativas e a creación contemporánea en todos os ámbitos culturais que se fai en galego.

Abordaranse aspectos como:

  • A evolución da creación musical e audiovisual e casos de éxito na actualidade.
  • As posibilidades creativas e comunicativas que os novos medios e soportes ofrecen para a creación en galego
  • Os medios dixitais e creación de contido en liña en galego e os certames e proxectos que recompilan e premian esta creación: Youtubeiras, Podgalego, Twitter en galego, Twich en galego...

Tratarase de deseñar unha peza comunicativa en galego, apoiando esta creación no material anteriormente exposto. O deseño deste produto comunicativo está enfocado a buscar fórmulas comunicativas fóra dos prexuízos e clixés da comunicación en galego clásica, buscando crear novas vías de comunicación que axuden a combater a visión negativa das pezas feitas na dita lingua. 

Mario Brión Toucedo. Mario foi premiado no Certame Youtubeiras nas súas cuarta e quinta edición. Deste xeito recibiu o premio Youtubeir@ no ano 2020 e 2021, á parte de acadar o premio a Mellor Vídeo no ano 2021. Actualmente forma parte do xurado da sexta edición do dito certame. Ademais foi galardoado co Premio Meendinho 2022 pola súa actividade de divulgación cultural galega na rede.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión