Talleres
Infantil
Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos.
31/03/2022
Xa rematou
Dende o 24/03/2022 ata o 31/03/2022
Require inscrición
Das 19.00 ás 20.30 horas
1,5 h.
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Tel.: 981 184 298
Actividade enmarcada dentro do Ciclo Temático Mulleres a escena
O xoves 31 de marzo ás 19:00 h. temos na Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano o obradoiro O xogo dramático, impartido polo actor Ramiro Neira de Artestudio.
Obradoiro de teatro para nenos e nenas de 8 a 12 anos onde mediante xogos divertidos realizaranse dinámicas arredor das artes escénicas que nos descubrirán a maxia do teatro, estimulando a creatividade, a imaxinación, a comunicación e a confianza.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible