Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro: Xogando a ser Picasso

A quen vai dirixido?:

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos

Cando:

24/05/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/05/2023 ata o 24/05/2023

Require inscrición

Horario:

Das 18.30 ás 20.00 h

Duración:

1,5 h

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.gal

Tel.: 981 184 298

Actividade enmarcada dentro do Ciclo temático "A Coruña de Picasso"

O mércores 24 de maio ás 18.30 h temos na Biblioteca Fórum o obradoiro "Xogando a ser Picasso" impartido por Tonecho Otero. Achegamento da figura do pintor aos nenos entre 6 e 12 anos mediante a práctica, facendo esculturas en papel, que é unha das facetas menos coñecidas do autor.

Aínda que nalgúns casos estas pezas eran pequenas maquetas que logo pretendía facer en ferro, a maioría eran obras finais, é dicir, esculturas de papel. Coma moitos outros nenos, Picasso creou os seus primeiros recortables moi novo, pero durante toda a súa vida serviuse do papel para crear obras de arte.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión