Encontros e presentacións, Charlas e debates
Persoas adultas
Público adulto en xeral e profesionais do mundo do libro, a xestión cultural e a intermediación literaria.
23/04/2026
De 19:30 a 21 horas
1'5 h
Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña
Entrada libre ata completar a capacidade
Bibliotecas Municipais da Coruña
As Bibliotecas Municipais da Coruña acollen, con motivo do día do Libro, o parladoiro “A lectura é un dereito humano?”.
O parladoiro "A lectura é un dereito humano"? contará coa intervención do profesor de Dereito Constitucional da Fernando Flores, quen formulará a posibilidade de abordar a lectura como un dereito humano, acompañado por Daniel Granados, investigador e xestor experto en dereitos culturais.
Neste diálogo reflexionarase sobre o acceso á lectura como ferramenta de igualdade, cidadanía e liberdade, e da lectura como dereito clave para garantir o exercicio e cumprimento dos dereitos humanos.
Notas biográficas dos participantes
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible