Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Presentación da colección "Mulleres bravas da nosa historia"

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Familias

Cando:

01/02/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 18.30 a 19.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Presentación enmarcada dentro do ciclo temático "O mundo en feminino"

Presentación da colección "Mulleres bravas da nosa historia" de Urco Editoria.

Rosalía de Castro, María Victoria Moreno... Elas son as protagonistas dunha colección que pretenden dar a coñecer a algunhas das mulleres exemplares da historia da Galicia aos máis pequenos.
Ademais de contar a biografía das protagonistas, os libros contarán con actividades para realizar coas nenas e nenos e cronoloxía, todo para axudar a valorar a achega das protagonistas á nosa cultura e ao noso país, ás veces ocultada polo feito de ser muller.
Todos os libros contarán coas ilustracións de Eva Agra e texto de diferentes autoras de renome, como María Lado, Eli Ríos, Elvira Ribeiro, Ledicia Costas, María Reimóndez...

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Ven coñecer o teu autor ou autora favorita, ou descubrir ese libro novo da man dos seus autores ou autoras.

    Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntarlles todo aquilo que che interese directamente ás súas persoas responsables.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión