Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Primaletras: Obradoiro de banda deseñada con Manel Cráneo

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Infantil

A quen vai dirixido?:

9 a 14 anos

Cando:

26/04/2022

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 19/04/2022 ata o 26/04/2022

Require inscrición.

Horario:

de 18.30 a 20 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Hashtag:

#PrimaLetras

Contacto:

bsagradaf@coruna.gal

981 184 392

Actividade incluída na programación do Festival literario e cultural "PrimaLetras" posto en marcha na cidade da Coruña para celebrar as efemérides relacionadas co libro e a lectura dos meses da primavera (marzo/maio)

Cada día da semana, terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das Bibliotecas Municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada: Yago García, Luis Sendón, María Lires, Irene SanJuan, Manel Cráneo, Julia Lago e Santy Gutiérrez.

Na Biblioteca Sagrada Familia desenvolverase un obradoiro de banda deseñada para rapazada de 9 a 14 anos a cargo de Manel Cráneo, artista multimedia coruñés de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Resalta o seu traballo como autor de cómic e ilustrador, colaborando ademais en numerosas publicacións e volumes colectivos. Tamén traballou para axencias de publicidade e foi director artístico de varias campañas. Neste obradoiro as rapazas e rapaces participantes aprenderán da súa man como activar os sentidos para crear obras únicas e estimular a creatividade que levan dentro deles.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión