Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Primavera Literaria: Encontro con Emma Pedreira

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

Persoas adultas

Cando:

15/05/2018

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

de 18.30 a 20 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

O martes 15 de maio, na Biblioteca Os Rosales teremos un encontro con Emma Pedreira, autora do libro de relatos "Bibliópatas e Fobólogos".

Nos clubs de lectura Café con libros da Biblioteca Os Rosales acabamos de ler "Bibliópatas e Fobólogos" (Premio da Crítica 2017), libro de relatos sobre o que teremos ocasión de conversar na sala de adultos da Biblioteca.

Emma Pedreira é unha escritora da cidade cunha longa traxectoria. Ten moitos poemarios publicados e varios libros de relatos. Foi coordinadora de clubs de lectura e forma parte de A SEGA, a Plataforma de Crítica Literaria, que xa no 2015 concedeulle o Día das Galegas nas Letras a María Victoria Moreno. Disto e de moito máis conversaremos na Biblioteca Os Rosales. Estades todas e todos convidados a acompañarnos neste día tan especial, festexando as Letras Galegas, dentro do ciclo Primavera Literaria 2018.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión