Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Na lembranza, un gran historiador, Antonio Meijide Pardo (1917-2004)

Meijide, e detalle dunha peza

Detalle da publicación

Entre o 1 de abril e o 31 de maio de 2017, a Biblioteca Municipal de Estudos Locais organiza unha mostra titulada Na lembranza, un gran historiador: Antonio Meijide Pardo (1917-2004), coa que pretende lembrar o centenario do nacemento de Antonio Meijide Pardo, un dos investigadores que con máis curiosidade e empeño explorou os recunchos menos coñecidos da historia local.

A través da selección de publicacións que se expoñen, pódese recoñecer a importancia do seu traballo, especialmente no eido da recuperación para a historia de Galicia de personalidades e temas inexplorados.

Investigacións sobre a historia local

Das súas investigacións sobre a historia local contamos con diversas obras que dan noticia da situación económica, política e cultural da Coruña.

Un exemplo pode ser a titulada "La primera industria coruñesa del vidrio (1827-1850)". Esta industria, creada por Juan Antonio del Adalid y Loredo, chegou a ser unha das poucas importantes de España por aquel tempo. Estaba ubicada, xustamente, na superficie hoxe ocupada polo Colexio de Salesianos. Conseguira para o seu establecemento privilexio para a fabricación de "botellas de vidrio obscuro, iguales a las que se fabrican en Burdeos y de cristal blanco, igual al que se manufactura en Francia y Alemania" . 

Na mostra pode verse a separata que leva ese título na que Meijide Pardo presenta o resultado das súas investigacións, en diferentes arquivos, sobre este tema.

Detalle

Detalle da publicación

A vacina da varíola

"El doctor Posse Roybanes y la introducción de la vacuna contra la viruela en Galicia (1804-1806)" é outra das obras que se poden ver nesta mostra bibliográfica e que dan constancia do traballo de investigación que levou a cabo o profesor Meijide Pardo.

Nesta separata, que xurdiu do estudo da documentación depositada no Arquivo Histórico Nacional, dáse a coñecer a destacada intervención que tivo un médico galego na propagación da vacina durante os primeiros tempos da súa implantación en Galicia.

Tratábase de Vicente Antonio Posse Roybanes, que promoveu a vacinación no brote epidémico de varíola en varias aldeas da comarca de Bergantiños e chegou a conseguir que o concello coruñés editara un bando no que se animaba ao establecemento da vacinación.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión