Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

Un coro de cen: Cántigas da terra

Imaxe do folleto editado nas "Bodas de ouro" do Coro

Imaxe do folleto editado nas "Bodas de ouro" do Coro

Biblioteca Municipal de Estudos Locais conmemora o centenario de Cántigas da Terra (A Coruña, 28-12-1916), coa que xurdiu unha nova proposta artística que combinaba as voces cos instrumentos, o baile e o teatro autóctonos.

Desde a súa fundación a agrupación levou a cabo a tarefa de reunir, harmonizar, difundir e conservar a cultura do pobo galego, e fixo, tamén, aportacións novidosas como a presentación de mulleres, por primeira vez nos escenarios galegos, cantando no coro, aspecto este, que acabaría xeneralizándose entre todos os coros folclóricos do país.

A celebración das Bodas de Ouro fundacionais do Coro Cántigas da Terra, deu lugar a unha serie de actos, homenaxes e festivais, ademais da publicación deste folleto no que se reseña o máis interesante das súas actividades artísticas, culturais e sociais. Hoxe, 50 anos despois, a agrupación sigue traballando movido polos mesmos ideais que a viran nacer.

Cartel do Gran Festival Galego, 1920

Cartel do Gran Festival Galego, 1920

Xa nos seus primeiros tempos podía verse reflectido nas actividades do Coro, o propósito que persigue a formación, aínda nos nosos días.

En 1920 o Coro organizou un gran festival galego no Teatro Apolo, onde foi presentado cunha poesía de Eladio Rodríguez González en galego. Houbo cancións tradicionais e a escenificación dunha obra de Antón Villar Ponte, "A patrea do labrego", na que puido verse un decorado pintado para a ocasión por Xosé de Souza Losada.

 "...Cántigas melosiña, meigas cántigas

  as cántigas galegas,...

  N'elas rebule e vive

  todo canto hai de musical na aldea

  e todo canto amostra que Galicia

 é un pobo dos máis líricos da terra"

Ven ver de preto estes materiais

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión