
A maternidade está chea de preguntas, contradicións, aprendizaxes e coidados que se dan e se reciben. Na biblioteca queremos ofrecer recursos para acompañarte tamén nesta etapa, nun dos momentos da vida de maior vulnerabilidade, transformación, felicidade e ilusión; e tamén de soidade, medos, culpa e ansiedade.
Desde a Biblioteca Municipal Os Rosales presentamos a guía de lectura "Acompañar nos coidados", un recurso creado en colaboración con dúas asociacións que traballan en prol da lactancia materna: Alma Lactancia (A Coruña) e BBTTA Narón.
A guía recolle unha ampla selección de libros arredor do embarazo, parto, lactancia, maternidade e crianza: lecturas para acompañar, comprender, compartir e coidar(nos).
Ademais:
Durante todo o mes de outubro teremos unha mostra bibliográfica cos materiais na Biblioteca Municipal Os Rosales .
No primeiro Bbncontro da tempada: BbEncontro (0-24 meses) na Biblioteca Os Rosales. 1ª sesión presentarémola ante as familias asistentes.
Coincidindo co XX Congreso Fedalma (3-4 outubro, A Coruña), tamén difundiremos a guía cun flyer con código QR para descargar e cun cartel no espazo de conciliación do Teatro Colón.
Porque ler tamén é coidar
Guia de lectura
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible