Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Cartografía social e emocional do barrio da Sagrada Familia

 A Cartografía social e emocional do barrio da Sagrada Familia é unha proposta de colaboración entre a biblioteca e a UDC, como parte da formación práctica do Mestrado de Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria.

O mapeo é unha técnica de investigación social participativa utilizada para acadar información cualitativa de un espazo, visualizando lugares relevantes para o ámbito de estudo, e que busca ser plasmada de xeito gráfico.

Nesta experiencia recolleuse información, a través da observación e as entrevistas, de como as persoas perciben e experimentan os diferentes espazos do barrio da Sagrada Familia como lugares de convivencia e integración.

Partindo dunha iconografía pactada previamente e a través da posta en común na propia biblioteca, elaborouse un mapa de aqueles lugares máis significativos extraídos das conversas coas veciñas e veciños, así como as valoracións en torno a eles.

O mapa recolle una clasificación de colectivos representados por cores diferenciados: maiores, inmigrantes, persoas de etnia xitana, mocidade e un ítem denominado veciñanza para as persoas que non pertencen a ningún destes grupos.

As iconas recollen a valoración respecto a espazos e recursos en aspectos tales como se favorecen ou non a integración, o seu estado de adecuación ou conservación, as experiencias a nivel individual ou de identidade, as relacións de diversidade que se dan neles, así como un ítem para as experiencias positivas ou negativas de axuda ou rexeitamento da mesma.

Neste sentido a biblioteca valorouse como espazo de convivencia, integración, e seguridade nos comentarios  das persoas entrevistadas.

Por outra banda parte do alumnado participante continúa a facer un estudio máis en profundidade da contorna, para o que solicita a nosa colaboración.

Realizáronse entrevistas a algunhas persoas do barrio e  a propia dirección da biblioteca.

O panel co mapa impreso e as anotacións quedou exposto na biblioteca para consulta da veciñanza.

Datos técnicos

Utilizannse:

  • Un mapa do barrio en papel de grandes dimensións
  • Un panel de visualización para poder colocar o mapa.
  • Pegatinas coa iconografia correspondente aos items a introducir no mapa.(estrela, corazón, man, etc.)
  • Rotuladores de cores
  • Notas adhesivas de cores

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión