Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Corazón do barrio 2025: Biblioteca práctica e creativa: habilidades manuais na era dixital

Biblioteca práctica

Este outono damos continuidade ao ciclo temático do programa "Corazón do barrio" da Biblioteca Castrillón, baixo o título "Biblioteca práctica e creativa: habilidades manuais na era dixital"con diferentes talleres dende outubro ata novembro.

Biblioteca práctica e creativa: habilidades manuais na era dixital

A Biblioteca Castrillón, co seu compromiso de ser o "corazón do barrio do Castrillón", lanza un novo programa para este outono. Convidamos a veciñanza a participar en "Biblioteca práctica: habilidades manuais na era dixital", unha proposta que pon en valor o traballo manual nun mundo cada vez máis dixitalizado.

Que aprenderás?

Este programa busca que as persoas asistentes redescubran as habilidades manuais como unha forma de conexión co mundo físico, fomentando a creatividade e a autosuficiencia. Ademais, será unha oportunidade perfecta para encontros interxeracionais e para fortalecer a cohesión veciñal.

A programación inclúe talleres que abarcan desde a adquisición de habilidades para crear un haiku, aprender a crear e pintar con técnicas sinxelas un caderno de viaxe, coser un botón con esmero ou coñecer os segredos da encadernación de sempre, todo pensado para xente nova e adulta.

Corazón do barrio

Desde 2013, a Biblioteca Castrillón ofrece un outono temático no que tenta resaltar a importancia da biblioteca como lugar de encontro, intercambio de inquietudes e participación.

Este programa está destinado a todo o barrio e ten como principal liña de traballo manternos como o " Corazón do barrio " que non deixa de latexar e trata de detectar intereses aos que podemos dar resposta.

Programación de actividades

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión