Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Diana Marcela Castillo

Diana, cibervoluntaria

Diana, cibervoluntaria

O programa do cibervoluntariado está destinado a reforzar os coñecementos adquiridos nos cursos de alfabetización dixital impartidos pola biblioteca a persoas sen competencias nin habilidades tecnolóxicas ou moi básicas. Nas sesións de reforzo teñen a ocasión de formular as dúbidas xurdidas desde que remataron o curso. Repasan, practican e consolidan coñecementos.

Imos coñecer mellor a nosa cibervoluntaria Diana Marcela Castillo, diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña, que actualmente estuda o Máster en dirección e xestión laboral na mesma universidade.

En que colaboras?

Colaboro no cibervoluntariado reforzando a aprendizaxe, en materia de informática, para grupos de persoas adultas.

Por que te fixeches voluntaria?

Descubrín o voluntariado como labor social durante unha inmersión lingüística en Irlanda. Despois daquilo, souben que debía involucrarme, na medida do posible, neste tipo de labores aquí. Na terra que me veu crecer.

Participaches en accións similares?

Como mencionei anteriormente, o meu primeiro contacto co labor social foi en Irlanda, como parte da inmersión lingüística, fíxenme voluntaria nunha "charity bookshop". De volta á Coruña, decidín investigar e involucrarme nun par de accións de voluntariado.

Primeiro chegou un labor temporal coa sección de familias "acolledoras" da Cruz Vermella, que na miña opinión é unha das grandes descoñecidas deste organismo pero de grande importancia, en especial para os nenos e as nenas con dificultades familiares. E finalmente chegou este cibervoluntariado coas bibliotecas.

Que che proporciona a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Principalmente diría que este labor proporcióname... ILUSIÓN, esa que transmite "o meu alumnado" en cada clase, cando aprenden algo novo e danse conta que eles poden ser tan autonómos e "modernos" como calquera rapaz dos nosos días.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión