Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Enrique Pereira

Enrique Pereira, voluntario do Club de Lectura

Enrique Pereira, voluntario do "Club de Lectura"

Os clubs de lectura son unha proposta para fomentar a lectura e a análise crítica de diferentes tipos de textos, especialmente literarios. As persoas participantes reúnense periodicamente para comentar e valorar os libros acompañados dunha persoa coordinadora.

Imos coñecer un pouco mellor a Enrique Pereira Gago, un dos coordinadores voluntarios.

En que colaboras?

Nos clubs de lectura de Fórum e Castrillón. A miña dedicación céntrase principalmente na coordinación integrantes-biblioteca. Estou pendente de que os libros estean a tempo e escribo o post que se publica no blog das bibliotecas. En Castrillón ademais fago de moderador do debate. En Forúm este labor é rotativo.

Tamén me pediron que asista a algunhas reunións sobre actividades relacionadas cos clubs, charlas en prensa e radio e en xeral naquilo que me solicitan e que se podo facer, fago de moi boa gana. É algo que me honra pola confianza que en min delegan e que fai que lles estea moi agradecido.

Por que te fixeches voluntario?

Ao xubilarme sobrábame o tempo. Sabía que podía dedicalo a algo que ademais de gustarme servise a outros para desenvolver aquilo que tamén lles gusta. Defininme pola área de cultura e en especial pola literatura.

Participaches en accións similares?

Antes de facerme voluntario non. Estaba moi ocupado co meu traballo. Non quedaba tempo. Logo, ao principio da miña actividade como voluntario e antes de ingresar nos clubs, colaborei na informatización da biblioteca do colexio municipal de Monte das Moas.

Que che proporciona a túa actividade como voluntario nas Bibliotecas Municipais?

A pertenza aos clubs é unha experiencia moi instructiva. En primeiro lugar sérveche para coñecer mellor aqueles que les. Enriquéceste coas opinións dos demais, descobres puntos de vista novos sobre os temas dos que trata a lectura. O teu sentido da tolerancia increméntase, o que os demais non estean de acordo cos puntos de vistas que ti expós non quere dicir que estean equivocados. Aprendes a ver as cousas doutra maneira, con horizontes máis amplos e iso sérveche para o teu día a día, para mellorar as túas relacións sociais e romper os límites que sen que nos deamos conta imos poñendo á nosa maneira de ser e actuar.

Mención á parte merece a relación de amizade que se establece entre todas as persoas compoñentes destes grupos. É como unha choiva fina. Sen darnos conta vemos que nos sentimos a gusto, que apreciamos o que nos din e que desexamos ser tamén apreciados. É moi gratificante.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión