
Fernanda Castelo, voluntaria
A biblioteca de Ágora puxo en marcha en 2014 un programa centrado na formación básica informal para persoas maiores que, debido a determinadas circunstancias da súa infancia e/ou mocidade, non tiveron acceso á educación formal ou tiveron un acceso moi limitado a ela, co obxectivo de promover o acceso á cultura e ao coñecemento, exercitar a memoria, fomentar a socialización dos participantes e apoiar a visión dun envellecemento activo sen estereotipos nin prexuízos reduccionistas.
Hoxe imos coñecer un pouco mellor a Fernanda Castelo Rodríguez, psicóloga xubilada, que colabora connosco como voluntaria neste programa.
¿En que programa colaboras?
Colaboro no programa de alfabetización de persoas adultas.
¿Por que che fixeches voluntaria?
Propúxomo unha amiga moi implicada e entusiasta que é voluntaria e ao coincidir coa xubilación pareceume o momento adecuado.
¿Participaches ou participas en accións similares?
Non.
¿Que che achega o teu actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?
É unha experiencia incrible, é moi gratificante ver a ilusión que poñen as persoas en aprender. Implícame nun compromiso e unha dedicación persoal e crea unha conexión emocional coa xente que participa.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible