Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Gianni Moretti

Gianni

Gianni, voluntario da biblioteca

A Biblioteca Ágora iniciou unha liña de traballo comunitaria co Centro de día NovoBoandanza baseada na lectura, que busca ante todo o benestar das persoas maiores, ofrecendo sesións nas que resultan fundamentais a relación persoal, a calidade de textos e música, a participación das persoas asistentes e o respecto polos seus coñecementos e experiencia previa.

"A lectura en voz alta dá felicidade e asombrosos beneficios (...), ademais de xerar unha ponte entre lector e receptor; logrando unha conexión co texto grazas á melodía da voz, as imaxes, os personaxes e o que se conta" Lourdes Morán

Hoxe coñecemos mellor a Gianni, o noso voluntario que colabora estreitamente co centro, especialmente en actividades relacionadas coa música...

En que colaboras?

En actividades de entretemento no Centro de día Novoboandanza, tales como debates, lectura en voz alta de teatro e poesía, xogos de memoria, paseos e visitas, cociñar, e sobre todo dinámicas con música, lectura de letras de cancións significativas para estimular os seus recordos, manipulación de instrumentos tradicionais, baile e pequenos concertos de guitarra. Como obxectivo principal perséguese a colaboración de todas as persoas para que se involucren cento por cento e se cree un grupo con motivacións tanto individuais como en grupo, desta maneira facilitamos o traballo do centro e eles gozan do seu tempo alí.

Por que te fixeches voluntario?

Creo que é a miña maneira de lle poder devolver á sociedade algo bo, investindo o meu tempo e ganas, pero sobre todo por facer algo útil no meu tempo libre.

Participaches en accións similares?

Non, é a primeira vez e espero que non sexa a última.

Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

O principal que me achega son ganas de aprender moitas máis cousas referentes ao tema que tratamos para poder compartilo e ser máis competente á hora de traballar. O segundo que me achega, e non en menor medida, é unha satisfacción enorme ao saír da actividade, xa que ao marchar vexo a todo o mundo contento e mesmo despedíndote cun "ata o vindeiro venres".


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión