
María Josefina Alonso Lamelas, voluntaria
A biblioteca de Ágora puxo en marcha en 2014 un programa centrado na formación básica informal para persoas maiores que, debido a determinadas circunstancias da súa infancia e/ou mocidade, non tiveron acceso á educación formal ou tiveron un acceso moi limitado a ela, co obxectivo de promover o acceso á cultura e ao coñecemento, exercitar a memoria, fomentar a socialización dos participantes e apoiar a visión dun envellecemento activo sen estereotipos nin prexuízos reduccionistas.
Hoxe imos coñecer un pouco mellor a ª M Josefina Alonso Lamelas, enfermeira xubilada, que colabora connosco como voluntaria neste programa.
¿En que programa colaboras?
Colaboro no programa de alfabetización de persoas adultas.
¿Por que che fixeches voluntaria?
Principalmente por axudar a calquera persoa que o poida necesitar.
¿Participaches ou participas en accións similares?
Si, na ONG Viraventos.
¿Que che achega o teu actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?
Axúdame a ser mellor persoa e a darme conta de que sempre é máis o que recibes que o que dás.
Tamén che pode interesar
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible