Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

María Cebey

María, voluntaria Préstamo a domicilio

María, voluntaria

O préstamo a domicilio, que forma parte do programa de Voluntariado, achega o servizo de préstamo aos fogares de persoas con mobilidade reducida temporal ou permanente ou persoas con enfermos ao seu cargo que non se poden achegar á biblioteca.

Imos coñecer a María Cebey Otero, dependenta (actualmente en paro), que colabora connosco.

En que colaboras?

Préstamo a domicilio: levo libros e outros materiais a domicilios de persoas dependentes e tamén levo libros aos centros de saúde para a sala de espera.

Por que te fixeches voluntaria?

Quedei en paro, tiña moito tempo libre e apetecíame facer algo para lles axudar ás persoas con dificultades.

Participaches en accións similares?

Non, nunca tiven moito tempo libre, pero si que estaba na miña mente a axuda a persoas necesitadas.

Que che proporciona a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Satisfacción por poder axudar a que outras persoas gocen do pracer da lectura ou a descubran. Desde nena tiven paixón pola lectura.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión