Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

María Xosé Iglesias

Mª José, cibervoluntaria

Mª Xosé, cibervoluntaria

O cibervoluntariado é un programa do voluntariado destinado a reforzar os coñecementos adquiridos nos cursos de alfabetización dixital impartidos pola biblioteca a persoas sen competencias nin habilidades tecnolóxicas ou moi básicas. Nas sesións de reforzo, as persoas asistentes teñen a ocasión de formular as dúbidas xurdidas desde que terminaron o curso. Repasan, practican e consolidan coñecementos.

Imos coñecer a María Xosé Iglesias Lendoiro, mestra de Primaria.

En que colaboras?

A actividade na que colaborei foi de voluntaria na aprendizaxe de usuarios de novas tecnoloxías.

Por que te fixeches voluntaria?

Fíxenme voluntaria porque sempre pensei que se compartimos o que sabemos crecemos todas e todos e facemos unha contorna máis solidaria.

Participaches en accións similares?

Si: en actividades do meu barrio e en Ong.

Que che proporciona a actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

O que me proporciona o voluntariado nas bibliotecas é a necesidade de que a poboación descubra a riqueza de poder contar cun servizo público con tanta diversidade e interactuar coa xente que quere aprender. É unha gratificación inmensa vivir esa ilusión de seguir aprendendo.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión