Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Mariana Varela

Mariana

Mariana, voluntaria en "Coa lingua de fóra"

Coa lingua de fóra é unha actividade desenvolvida desde a Biblioteca Ágora co obxectivo de ofrecer recursos lingüísticos de reforzo na formación e aprendizaxe de idiomas a través da formación de grupos de conversa coordinados por unha persoa voluntaria bilingüe que organice as sesións con carácter semanal.

Imos coñecer a Mariana Varela, psicóloga educativa e formadora.

En que colaboras?

Lidero un grupo de persoas adultas de conversa en inglés.

Por que te fixeches voluntaria?

Creo que as persoas temos o dereito e o deber de mellorar a realidade na que vivimos. Realizo actividades de voluntariado en educación e formación, porque creo que a educación é unha ferramenta moi importante para mellorar a sociedade.

Participaches en accións similares?

Dende hai tempo colaboro con diñeiro e tempo con varias ONG's. En particular, desde hai tres anos colaboro como profesora de apoio nun programa de reforzo escolar. E dentro da miña actividade profesional, dou clases de inglés desde hai anos.

Que che proporciona a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Traballar en proxectos municipais proporcióname a satisfacción de contribuír a crear a cidade que todos queremos: participativa, solidaria, aberta, e atenta ás necesidades dos demais. Ofrezo algo que sei facer ben, e a min enriquéceme a relación con outras persoas: membros do grupo e traballadores do Ágora. É un centro moi agradable e ben equipado, do que podemos sentirnos orgullosos como coruñeses.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión