Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Pilar Rodríguez

Pilar Rodríguez

Pilar, voluntaria en "Coa lingua de fóra"

Coa lingua de fóra é unha actividade desenvolvida desde a Biblioteca Ágora co obxectivo de ofrecer recursos lingüísticos de reforzo na formación e aprendizaxe de idiomas a través da formación de grupos de conversa coordinados por unha persoa voluntaria bilingüe que organice as sesións con carácter semanal.

Imos coñecer a Pilar Ródríguez Cabelo, que se dedicaba a algo similar ao que en España é a Xestión Integral da empresa e que, actualmente, está retirada e colabora connosco.

En que colaboras?

Participo coordinando o grupo de conversa en lingua alemá que forma parte do programa "Coa lingua de fóra". O meu papel como voluntaria consiste non só en falar en alemán coas persoas participantes, senón tamén achegalas á vida cotiá desa nación. Normalmente tendemos a pensar que un coñece unha cultura pasando uns días de vacacións nun país, pero iso non é así e por iso me preocupo de fomentar ese intercambio.

Por que te fixeches voluntaria?

Sinxelamente porque me gusta estar coa xente. Ademais, veño realizando este tipo de colaboracións desde que era moito máis nova. Desde os 7 anos, en Alemaña, mostrei sempre predisposición para lles axudar aos demais. Acompañei e axudeilles a persoas que o necesitaban nas súas visitas co médico, en trámites legais etc.

Participaches en accións similares?

Si. Durante o tempo que vivín en Alemaña, colaborei en numerosos proxectos de carácter social. Non obstante, prefiro non concretar nada sobre iso porque algún destes programas afectaba de tal maneira á vida das persoas que a discreción e a confidencialidade eran un requisito imprescindible.

Que che proporciona a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

A min encántame o contacto coa xente e, aproveitando que xa son maior e teño tempo, participar en accións de voluntariado é un modo de fomentalo ao mesmo tempo que se está activo e obtense vitalidade e felicidade.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión