Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Préstamo de xogos de mesa

Sección de xogos de mesa na biblioteca

Sección de xogos de mesa na biblioteca

Xogos de mesa para todas as idades. Para xogar na biblioteca ou para levar en préstamo.

Consulta os Xogos de mesa , elixe o que máis che guste e que comece a partida!

Condicións para o préstamo

Podes solicitar o préstamo de 2 xogos para xogar na biblioteca ou levalos para a casa durante 14 días, con posibilidade de renovar os préstamos por 7 días máis, sempre que non estean reservados por outra persoa (as renovacións poden facerse desde 5 días antes de que venza o préstamo). Tamén é posible reservar un xogo que estea prestado.

Se o que queres é Xogar na biblioteca poderás facelo en días e horarios específicos.

É gratis e só necesitas o carné de bibliotecas ou activar a túa Tarxeta Millennium.

Que hai que saber sobre a devolución do préstamo?

  • Para devolver materiais, non é necesario traer o carné.
  • Estamos seguras de que entregarás os xogos en tan bo estado e co mesmo número de pezas co que os solicitaches, que comprobaramos no momento da devolución.
  • Ollo! Os xogos de mesa hai que devolvelos na mesma biblioteca na que os tomaches en préstamo e este tipo de material non se pode depositar nas caixas de correos de devolución; debe devolverse no mostrador.

Que ocorre se incumprimos os prazos ou perdemos algún compoñente do xogo?

  • Incumprimento dos prazos de préstamo: o atraso na devolución leva a unha suspensión temporal do préstamo: un día por cada documento e día de atraso.
  • A pérdida ou deterioración de material (ou parte del, como pezas dun xogo de mesa): supoñerá repoñer o material extraviado ou deteriorado. Se xa non está dispoñible no mercado, contacta coa biblioteca na que o retiraches para que vos orienten sobre algún outro xogo de mesa de características similares.

Tamén che pode interesar

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión