Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Concellería de Educación, Cultura e Memoria Histórica

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Teresa Guisán

Teresa Guisán, voluntaria Lectura fácil

Teresa Guisán, voluntaria en "Lectura fácil"

O programa Lectura Fácil lévase desenvolvendo na Biblioteca Ágora desde o ano 2013. É un programa de Voluntariado no que as persoas participantes manteñen reunións para a lectura e a análise de textos sinxelos e diversos que proporcionen unha progresiva mellora da súa comprensión. Diríxese ás persoas que teñen dificultades lectoras (inmigración, incorporación tardía á lectura, escolarización deficiente...)

Hoxe coñecemos un pouco mellor a Teresa Guisán, unha mestra xubilada que colabora connosco.

En que colaboras?

Colaboro no programa de Lectura fácil, programa pensado para persoas que tiveron unha escolaridade deficiente ou tiveron que deixala a unha idade temperá e agora desexan mellorar as súas competencias en materia de lectura, escritura, coñecementos básicos, comprensión de textos, cultura xeral etc.

Nas sesións realizamos lectura en voz alta, coidando a entoación, as pausas e os ritmos, seguida dunha posta común na que se comenta e se analiza o seu significado.

Despois de dous cursos nos que preferentemente lemos artigos de prensa, fragmentos de novelas, poemas... decidimos dar un paso adiante e engadir novelas completas, elixindo obras sinxelas, fáciles de ler e sobre todo que tivesen unha temática interesante para as persoas participantes.

Co lema "Coñecendo a nosa cidade" traballamos na aula a historia da Coruña. Procuramos complementalo con visitas guiadas. Ademais intentamos posibilitar a participación das persoas asistentes en saídas culturais, encontros con autores etc., o que contribúe a aumentar a unión do grupo, así como o seu nivel de compromiso.

Por que te fixeches voluntaria?

Porque me gusta ensinar.

Participaches en accións similares?

Non, pero ensinei toda a miña vida.

Que che proporciona a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

Gozo ao poder compartir a cultura que se me deu con outras persoas que por circunstancias da vida non puideron asistir moito tempo á escola.

Ao mesmo tempo aprendo moitas cousas da vida con elas, especialmente o valor do esforzo e as ansias de superación que teñen.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión