Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

Préstamo

Marta e Bruno, bibliotecarios nos Rosales

Tanto se es particular como se representas a unha entidade (centro docente, asociación, ONG etc.), podes levar en préstamo libros, revistas, películas, música etc.

É gratis e só necesitas o carné de bibliotecas ou activar a túa Tarxeta Millennium.

Se o que queres é ler en soporte dixital, accede á plataforma de préstamo de libros electrónicos e descarga o que queiras ou, sinxelamente, le na nube.

Ademais disto tes que saber que:

Podes escoller...

...entre máis de 200.000 exemplares dispoñibles para o préstamo nas bibliotecas municipais. As excepcións: os xornais, o último número das revistas, algunhas enciclopedias, dicionarios, exemplares raros, únicos ou de difícil reposición etc.

Cantos exemplares podo ter simultaneamente?

  • 10 para socios/as individuais: revistas, libros e audiovisuais. Podes combinalos como queiras.
  • 30 para entidades, dos que só 10 poderán ser audiovisuais.

Durante canto tempo?

  • Trinta días para socios/as individuais e entidades

E se necesito máis tempo?

  • Podes renovar os teus préstamos de libros por outros 10 días máis, salvo que outra persoa o reservase.
  • Terás que solicitar a renovación desde 7 antes de que venza o prazo inicial de entrega.
  • As renovacións non se aplican a revistas nin a materiais audiovisuais (excepto para entidades ou para os documentais no caso de socios individuais).
  • Podes facelo na biblioteca, por teléfono ou a través desta web.

E se quero un libro que está prestado a outra persoa?

  • Se o libro que buscas está prestado a outro lector ou lectora podes reservalo.
  • Os/as socios/as individuais poden reservar ata dous exemplares; as entidades ata quince.
  • Cando o material reservado xa estea dispoñible, avisarémoste por teléfono ou correo electrónico e poderás recollelo na biblioteca na que o reservaches, dentro dun prazo máximo de tres días para socios/as individuais e de sete para entidades. Se non o fixeses nese prazo a reserva quedaría anulada.
  • Podes facer as túas reservas directamente na biblioteca ou por teléfono.

E se quero un libro que está noutra biblioteca municipal?

Enviámosche o libro á biblioteca que ti decidas e cando chegue avisámoste. Terás tres días para recollelo (sete no caso de entidades)

E se non cumpro os prazos de préstamo?

O atraso na devolución implica unha suspensión temporal do préstamo: un día por cada documento e día de atraso.

Quero devolver o que levei en préstamo

  • Para devolver os materiais non é necesario traer o carné e calquera familiar ou amizade pode facelo por ti.
  • Deberás devolver os materiais na mesma biblioteca na que os retiraches.
  • Nalgunhas bibliotecas, atoparás unha caixa de correos de devolución para depositar os libros, CD, DVD... que queres devolver cando as bibliotecas estean pechadas.
    • As bibliotecas de Castrillón, Fórum, Rosales, Monte Alto e o punto de préstamo de Mesoiro teñen unha caixa de correos de devolución localizada na parte exterior do edificio onde se sitúan, co que podes realizar a devolución a calquera hora todos os días da semana.
    • A biblioteca de Durán Loriga ten unha caixa de correos de devolución dentro do edificio, co que, aínda que a biblioteca estea pechada, podes realizar a devolución dentro do horario de apertura do edificio.
  • Estamos convencidos/as de que entregarás os materiais que levaches prestados en tan bo estado como no que os retiraches.

Perdín un libro, CD, DVD... que tiña prestado

  • A perda ou deterioración de material supoñerá repoñer o material extraviado ou deteriorado. Se xa non está dispoñible no mercado, ponte en contacto coa biblioteca en que o retiraches para que te orientene ou che suxiran algún outro libro, CD ou DVD de características similares.

Lembra que...

  • Para poder gozar do servizo de préstamo é imprescindible a presentación do carné das bibliotecas ou da Tarxeta Millennium activada.
  • Para as devolucións non fai falta o carné e calquera pode facelo por ti.
  • Deberás devolver os materiais na mesma biblioteca na que os retiraches.

Quero saber que libros, revistas, CD... hai nas biblios: o catálogo

Se queres saber se nas bibliotecas está ese libro que che interesa, que obras hai dunha autora determinada ou os materiais dispoñibles sobre un tema do teu interese podes consultar o catálogo. Poderás saber en que biblioteca está o que buscas, se está prestado e cando o devolven. Se che xorde algunha dúbida podes pedirnos axuda no chat ou por teléfono. Non esquezas que os libros se envían dunhas bibliotecas a outras para que os recollas na túa biblioteca máis próxima e que se non atopas o que buscas podes suxerirnos novas compras.

Quero propoñer unha compra

Se non atopas na biblioteca algún libro, DVD, CD ou calquera outro material que che interese, podes suxerirnos que o merquemos. Pódelo facelo a través da web cubrindo un formulario de solicitude de compra que tamén está dispoñible en todas as bibliotecas. Comprometémonos a darche unha resposta nun prazo máximo de 15 días. A súa compra dependerá da política de colección das bibliotecas.

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión