Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Dispositivos electrónicos portátiles

torre de tabletas na biblioteca Fórum

Funcionamento do servizo

As Bibliotecas Municipais da Coruña ofrecen o servizo de préstamo de dispositivos electrónicos portátiles co obxecto de reforzar o acceso universal á información, a lectura dixital e os recursos culturais e formativos en liña.

Se xa cumpriches os 18, co carné de bibliotecas ou a túa Tarxeta Millennium activada podes solicitar o acceso a este servizo gratuíto.

Como me dou de alta neste servizo?

Presencialmente, na Biblioteca Fórum Metropolitano. Leva o teu carné da biblioteca e o teu DNI porque necesitarás identificarte. Nese mesmo momento entregarémosche, para que leas e asines, un documento que recolle con detalle o funcionamento do servizo e o teu compromiso coas condicións específicas de uso. A partir dese momento xa poderás levar en préstamo calquera dos lectores que estean dispoñibles.

Que necesito saber sobre o préstamo e a devolución dos dispositivos?

  • Que terás que presentar o teu carné de bibliotecas ou a túa Tarxeta Millennium activada e darte de alta previamente no servizo.
  • Que o préstamo dura 21 días e préstase un dispositivo+accesorios por persoa.
  • Que tanto o préstamo como a devolución só se poderán realizar presencialmente, no mostrador da Biblioteca Fórum Metropolitano.
  • Que é importante que llo entregues en man ao persoal bibliotecario, con suficiente batería para poder acendelo e con todos os accesorios que retiraches. O persoal da biblioteca terá que comprobar que o dispositivo segue nas mesmas condicións nas que se retirou: a mesma configuración, a tarxeta de memoria coa mesma carga de títulos (no caso de lectores electrónicos), todos os accesorios etc.
  • Que se durante o préstamo detectas algunha anomalía no seu funcionamento, deberás notificarllo ao persoal no momento da devolución. Desta forma, descartaremos que se poida deber a un mal uso.

Cómpre ter en conta...

O funcionamento é similar ao préstamo de libros, CD, DVD...

  • Procura devolver o dispositivo no prazo marcado pola biblioteca para evitar a suspensión temporal do préstamo (tantos días sen préstamo como días de atraso).
  • Devolve o material no mesmo estado en que o retiraches. Facer un mal uso do dispositivo implica de 3 a 6 meses sen poder usar os restantes servizos da biblioteca que requiren o carné: préstamo, acceso a ordenadores etc. Se se producen danos no dispositivo e os reparas, poderás volver usar o teu carné con normalidade.
  • Entrega o dispositivo con todos os seus compoñentes para que outra persoa poida usalos. Se por algunha razón non puideses facelo, terás que repoñelo para poder seguir utilizando o teu carné das bibliotecas.
  • Entrega na biblioteca a denuncia orixinal no caso de que cho rouben.

Lembra que...

... desde o momento en que retiras un dispositivo ti es a única persoa responsable do seu coidado. Evita un mal uso e asegura que a seguinte persoa que o use o atope no mesmo estado que ti o atopaches.

usando tableta na biblioteca Fórum

[NOVO!] Préstamo de tabletas

As tabletas permiten consultar libros electrónicos, recursos en liña, prensa dixital, aplicacións educativas e outros contidos culturais, e favorecen un uso autónomo e responsable das tecnoloxías.

Que contido podo consultar?

Recomendámosche usar os dispositivos para descargar lecturas nas aplicacións de plataformas de préstamo electrónico, como GaliciaLe ou EbiblioDaCoruna, pero por suposto es libre de usar o dispositivo en función das túas necesidades.

Modelos e accesorios dispoñibles

Temos 10 dispositivos coma este:

  • Lenovo Tab Plus: 650 gramos, pantalla de 11'5 polgadas
Usuaria usando dous lectores de libros electrónicos

Préstamo de libros electrónicos

Sabías que no tamaño dun libro con formato de peto e cun peso de menos de 200 gramos pódese almacenar unha biblioteca enteira?

Os lectores de libros electrónicos son cómodos se queremos levalos no bolso ou ás vacacións e non queremos cargar demasiado peso, permiten axustar o tamaño e o tipo de letra e localizar palabras ou frases xa lidas.

Que conteñen os lectores?

Todos os lectores electrónicos dispoñen dunha tarxeta de memoria na que atoparás unha coidada selección de 90 grandes obras clásicas e libres de dereitos da literatura universal.

Asegúrate de que o persoal da biblioteca comprobe, na túa presenza, que o lector que vas levar ou que vas devolver contén a súa tarxeta correctamente cargada.

Modelos e accesorios dispoñibles

Temos 10 dispositivos coma este:

  • Kobo Libra H2Ou: 192 gramos, pantalla de 7 polgadas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión