Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Biblioteca Municipal Castrillón

Visita o álbum de fotos desta biblioteca

Enderezo:

Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña

Teléfono:

981 184 390

Fax:

981 184 391

Páxina web:

http://www.coruna.gal/bibliotecas

Horario

  • Inverno
    • Luns a venres: de 9.00h a 20.30h (os xoves pecha de 14.00h a 16.00h)
  • Verán (15 de xuño a 15 de setembro, incluídos)
    • Luns a venres: de 9 a 14h e de 16 a 20h.
    • Semana grande (primeira completa despois do primeiro domingo de agosto): de 9 a 13h e de 16 a 19 h.
  • Días de peche: sábados, domingos e festivos, e 24 e 31 de decembro.

Como chegar

Localiza a biblioteca no mapa da cidade e visítanos! Se vas facelo en medios de transporte públicos ou en bicicleta esta información serache útil:

Liñas de bus urbano

Liña 1 - Liña 12A - Liña 14

Estacións de bicicletas

Que me ofrece esta biblioteca

Nesta biblioteca, como nas outras sete, atoparás bibliotecarios e bibliotecarias dispostos a axudarche no que necesites.

Cada persoa ten o seu espazo na biblio: hai zonas especialmente pensadas e deseñadas para bebés, nenos e nenas, novas e persoas adultas.

Dispón de múltiples materiais para levarche en préstamo , música e cinema, computadores de acceso público, conexión wifi, consolas e videoxogos...

Busca e descobre todas as actividades e cursos que che ofrece esta biblioteca e as demais da Rede

Máis información

A Biblioteca Municipal Castrillón abriu as súas portas no ano 1996 e en 2008 ampliou as súas instalacións, contanto na actualidade con dúas plantas e un total de 1.200 metros cadrados.

A biblioteca ofrece todos os seus servizos nunha ampla zona xeográfica cun volume de poboación que supera os 19.000 habitantes, o que supón case un 8% da poboación total da cidade.

A Biblioteca está situada no centro do barrio e comparte edificio co Centro Cívico de Castrillón, dando servizo e atención ao conxunto dos veciños da súa área de influencia e especialmente a aqueles sectores sociais con menos posibilidades de acceso á información, á formación e o coñecemento doutras formas de oficio.

Consulta as cifras desta e outras bibliotecas

Un día na Biblioteca Castrillón

Busca no catálogo

Próximas actividades nesta biblioteca

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión