Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Verás que verán

As Bibliotecas Municipais iniciamos, máis outro ano, a campaña Verás que verán, dirixida a todos os públicos, os meses de xullo e agosto.

Ao longo deste par de meses estivais levaremos a cabo accións e actividades para todos/as vós e coas que poderedes gozar moito máis esta estación do ano:

  • Actividades lectoras e tecnolóxicas
  • Espazos onde desfrutar da biblioteca en verán
  • Lotes de libros para levar en préstamo
  • Recomendacións literarias
  • Mostras bibliográficas
  • Guías de lectura

ACTIVIDADES 

PARA PÚBLICO XUVENIL (12/15 anos)

Club de lectura "Verás que verán"

Onde:  Biblioteca Municipal Castrillón

A nosa proposta para este verán é adicar algo do tempo de lecer á lectura e a atoparnos con persoas que tamén desfruten con ela a través duns gorentosos encontros literarios. Xuntarémonos os mércores de xullo e agosto con propostas de lecturas quincenais. Pódeste apuntar a unha, varias ou todas as quincenas.

  1. Club de lectura Verás que verán. Cuentos criminales .
  2. Club de lectura Verás que verán. O grupo
  3. Club de lectura Verás que verán. Héroes
  4. Club de lectura Verás que verán. Memoria do silencio

PARA PÚBLICO INFANTIL (maiores de 7 anos)

Campus de verán BiblioTECH: Deseño e impresión 3D

Onde: Biblioteca Municipal Durán Loriga

Aprende e crea os teus propios deseños 3D dunha forma moi divertida e práctica no noso campo tecnolóxico de verán!

  • Pica aquí se queres saber máis sobre o programa BiblioTECH .

PARA TODOS OS PÚBLICOS

Libros, cámara...acción: verás que verán

Onde: Biblioteca Municipal Os Rosales

As persoas que nos visiten durante o verán poderán ofrecernos as súas recomendacións lectoras!

ESPAZOS DE LECER

PARA TODOS OS PÚBLICOS

Biblioterraza

Onde:  Biblioteca Municipal Castrillón

Na biblioteca do Castrillón atoparás un espazo sensacional para gozar da lectura este verán.

MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS 

PARA PÚBLICO ADULTO

Exploradores e exploracións

Onde:  Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano

Sinte a aventura correr polas túas veas a través desta selección bibliográfica!

Elisa e Marcela

Onde: Biblioteca Municipal de Estudos Locais

Coñecidas por casar entre elas en 1901 na Coruña, convidámoste a afondar na figura destas dúas mestras excepcionais e iconas do colectivo LGTB+.

Destapando personaxes

Onde: Biblioteca Municipal Durán Loriga

Seleccionamos os que, para nós, son algúns dos personaxes máis valentes, máis inspiradores, máis  entenrecedores, máis divertidos e máis idealistas dos libros que lemos. En definitiva, personaxes que por unha cousa ou outra nos marcaron. Vale a pena coñecelos!

  • Prestade atención ás nosas redes sociais. Cada semana un reto para descubrir os personaxes!

PARA PÚBLICO INFANTIL

Imos de festa!

Onde: Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Mostra coa temática de feiras, festivais e verbenas. Os libros e materiais incluídos nela serán sobre festas e diversión.

Verás que verán na biblioteca Os Rosales

Onde: Biblioteca Municipal Os Rosales

Escolma sobre os libros incluídos na nosa guía de lectura "Verás que verán 2022".

GUÍAS DE LECTURAS

Onde: accesible en liña.

Guía de lectura de 0-14 anos

FESTILOTES 

Onde: Biblioteca Municipal Sagrada Familia

Temos 6 festilotes de 0-5 anos e 6 lotes de 6-8 anos que acompañan as lecturas que podes atopar na mostra bibliográfica Imos de festa!

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión