Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ciclo temático “Rompendo Regras”

Ciclo temático rompendo regras

Durante outubro, na Biblioteca Durán Loriga falamos de saúde, corpo e benestar con actividades arredor da menopausa e o duelo perinatal. Charlas, cinema e unha mostra bibliográfica para seguir rompendo regras e derrubando tabús.

As Bibliotecas Municipais da Coruña seguimos rompendo regras tamén dende os nosos espazos físicos. En outubro, coincidindo co Día Internacional da Morte Perinatal (156 de outubro)e o Día Internacional da Menopausa (18 de outubro), a Biblioteca Municipal Durán Loriga acolle un ciclo de actividades arredor de diferentes etapas e realidades na vida das mulleres: a menopausa e o duelo perinatal.

Este ciclo forma parte do centro de interese " Rompendo regras ", presente tamén nas bibliotecas de Biblioteca Municipal Monte Alto e Biblioteca Municipal Os Rosales : unha selección de fondos sobre saúde menstrual, economía e educación menstrual, dereitos menstruais, menopausa, activismo e arte, inspirada no Laboratorio de Participación Cidadá pola Menstruación Digna e Ecosaudable do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, co que colaboramos dende hai anos.

Porque acceder á información é tamén unha forma de coidarse, e as bibliotecas públicas somos un espazo onde atopar recursos fiables para mellorar o benestar e a saúde das persoas e das súas familias.

Actividades destacadas:

  • Faladoiro: A vida sen regras, e agora que? Martes 21 e 28 de outubro. Primeiro grupo de conversa arredor da menopausa, dinamizado por Lorena Fagil, creadora do Círculo Bla, e coa psicóloga Uxía Domínguez.Un espazo seguro de conversa e acompañamento para compartir experiencias, sentimentos e ferramentas sobre esta etapa da vida das mulleres: como nos sentimos, que cambia, como coidarnos e como crear redes de apoio.
  • Curtametraxe e coloquio: Nais de luz Venres 31 de outubro. Proxección da curta documental Madres de Luz (2023) na Filmoteca de Galicia, seguida dun coloquio na biblioteca coa participación de Rocío Océano, unha das protagonistas. A curta aborda o duelo perinatal a través da voz de tres nais que atravesaron esta experiencia, visibilizando unha realidade que segue a ser invisible para moitas persoas.

Mostra bibliográfica "Rompendo Regras"

Durante todo o mes de outubroSelección de libros e recursos para acompañar as temáticas do ciclo: saúde menstrual, menopausa, maternidades, corpo e coidados.

Selección de recursos informativos nas bibliotecas

En todas as nosas bibliotecas temos a disposición da cidadanía libros informativos sobre hixiene e saúde menstrual. A maiores contamos cunha sección, co nome Rompendo Regras, un centro de interés/sección disponible en tres das nosas bibliotecas. 

Bibliotecas que contan coas sección Rompendo Regras

  • Bibliotecas Municipal  Durán Loriga
  • Biblioteca Municipal Monte Alto
  • Biblioteca Municipal Rosales

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar

Se o prefires, podes realizar a túa procura combinando distintos criterios. Só tes que acceder á procura avanzada

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión