Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Faladoiro: A vida sen regras, e agora que?

A quen vai dirixido?:

Público adulto

Cando:

Os días 21/10/2025 ás 18:30 , 28/10/2025 ás 18:30

Conta de dúas sesións, os martes 21 e 28 de outubro.

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 14/10/2025 ata o 21/10/2025

Horario:

18.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Baixo. 15003 A Coruña

Contacto:

Falemos da menopausa

Dentro do ciclo Rompendo Regras, na Biblioteca Municipal Durán Loriga contaremos co primeiro grupo de conversa, dinamizado por Lorena Fagil, creadora do Círculo Bla, e co acompañamento da psicóloga Uxía Domínguez.

Estes encontros nacen do desexo de xerar espazos seguros de conversa, escoita e acompañamento. Nun mundo cada vez máis rápido e desconectado cremos que é fundamental crear momentos onde poidamos simplemente estar, compartir e sentirnos acompañadas.Un grupo de conversa arredor dun tema que nos preocupa e que queremos visibilizar.

A menopausa chega á vida de moitas mulleres, de formas diferentes. Aquí falaremos do que supón, do que pode transformar a vida das que pasan ou pasaron por esta etapa. Como nos sentimos, que cambios se experimentan, como coidarnos, como crear redes de apoio...

Se isto é o que necesitas, só tes que inscribirte nas dúas sesións de outubro.

Esperámoste!

En todas as nosas bibliotecas temos a disposición da cidadanía libros informativos sobre hixiene e saúde menstrual. Nas  Biblioteca Municipal Durán Loriga , Biblioteca Municipal Monte Alto  e Biblioteca Municipal Os Rosales temos, ademais, a sección Rompendo regras , un centro de interese que toma o seu nome do Laboratorio de Participación cidadá en prol dunha menstruación digna e ecosaudable, do Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Podes pasar por calquera destas bibliotecas para descubrir os fondos que recollen e levalos en préstamo.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión