Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Alcaldía

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

Charlas. (In)Fertilidade: Dereito á identidade VS dereito á intimidade

Tipo de actividade:

Charlas e debates

Tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ 18 anos

Cando:

29/11/2019

Este evento xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

de 19 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

Aventúrate a descubrir un novo tema de interese, a ampliar información e contrastar ideas, coñecementos e opinións arredor de temas de actualidade ou de interese xeral

Dentro do Ciclo #BibliotecaEnAcción, que se desenvolve durante o mes de novembro, levaremos a cabo unha serie de charlas divulgativas sobre temas de actualidade e de interese. Este ano centrámonos no tema da  (IN)FERTILIDADE.

A avogada Mª Luz Canal Paz é ex deputada da Xunta do Colexio de Avogados da Coruña e conta cunha ampla traxectoria en dereitos humanos, da muller e da/o menor.

Abordaranse cuestións coma a conxugación entre a lexislación vixente e o dereito das crianzas a coñecer a súa filiación biolóxica nos supostos de adopción e/ou reprodución asistida; o anonimato da persoa donante na lei de reprodución asistida; a figura de pai e nai xurídicos na Constitución, etc.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema, de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou profundar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir indagando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e o botas de menos na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co único obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión