Clubs
Persoas adultas
06/10/2025
Xa rematou
Dende o 15/09/2025 ata o 19/09/2025
Require inscrición.
Luns, de 19.00 a 20.30 h. Periodicidade quincenal.
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
Teléf.: 981 189 886
Únete ao club de lectura da Gramela (luns) da Biblioteca Ágora!
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña non queremos deixar de compartir a nosa paixón pola lectura, e por iso ofrecemos novas prazas para clubs de lectura.
Se tes máis de 18 anos, se che gusta ler, falar, escoitar, conversar... e tes libres os luns entre as 19.00 a e as 20.30 h, apúntante ao Club da Gramela dos Luns da Biblioteca Ágora, e comparte con xente coma ti eses grandes praceres que proporciona a lectura.
Nós prestámosche os libros (unhas lecturas en papel e outras en formato dixital), ti les, e cada quince días, reunímonos na biblio con outras lectoras e lectores para intercambiar opinións. Non precisas grandes coñecementos de literatura. Simplemente abonda con que che guste ler e debater. Agardámoste!
Queres saber ...
En que consisten os clubs de lectura xerais?
Os clubs de lectura xerais son grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha persoa coordinadora.
Non tes que ser un/unha experto/a lector/a: os clubs están pensados para persoas con inquietudes culturais, ganas de ler, facer amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.
De luns a sábado, de mañá ou de tarde, seguro que hai un club para ti.
Importante: A inscrición nos clubs de lectura supón un compromiso de participación. O máximo de ausencias permitidas é do 25%. Unha vez superado este límite, a persoa será dada de baixa para que outra ocupe o seu lugar.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible