Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura LGTB: QUEERuña (3 grupos). 10º Aniversario

Por tipo de actividade:

Clubs

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto

Cando:

Dende o 16/10/2025 ás 19:00 ata o 16/10/2025 ás 20:30 , os xoves

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 18/09/2025 ata o 16/10/2025

Ofértanse 60 prazas, que se distribuirán en 3 grupos, máis outras 20 en listaxe de espera.

A inscrición supón un compromiso de participación, polo que se levará un control de asistencia. De superar o límite de ausencias permitido, darase entrada ás persoas da listaxe de espera.

Horario:

19 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

Se che apetece ler, facer amigos e charlar utilizando un bo libro como excusa, só tes que achegarte ao club QUEERuña, o primeiro club de lectura LGTBI de Galicia! Abrimos 3 grupos de lectura LGTB e temos reunións un xoves ao mes.

Arrinca a (xa!) décima edición do club de lectura LGTB QUEERuña, con 3 grupos de lectura, con reunións un xoves ao mes na biblioteca Ágora

Neste club as lecturas xiran en torno ás diversidades afectivo-sexuais e de xénero e os feminismos.

De feito, QUEERuña recibiu o XXI Premio Marcela e Elisa polo seu labor en favor da cultura e os dereitos LGTBI+, e algúns artigos publicados na prensa dixeron sobre el que é un club cheo de cores, un dos máis orixinais de Galicia e destacaron que é un club coa diversidade entre liñas.

Os encontros terán lugar un xoves do mes na Biblioteca Ágora e, coma sempre, iremos dando conta dos títulos lidos, das reflexións e das obras similares no blog e no instagram do club.

Este ano, ao cumprirmos 10 anos, experimentaremos novas dinámicas de funcionamento para celebralo! 

Inscríbete xa e participa!

Queres saber ...

  • Club de lectura QUEERuña

    XXI Premio Marcela e Elisa. A Asociación LGTBI+ ALAS A Coruña concedeu no ano 2025 este galardón ao club QUEERuña polo seu firme compromiso coa difusión da cultura e os dereitos da comunidade LGTBI+.

    ¿En que consiste o club QUEERuña?

    Os clubs de lectura presenciais son, en esencia, grupos de persoas que se reúnen periodicamente para comentar e valorar os libros que as bibliotecas lles proporcionan coa axuda dunha ou máis persoas coordinadoras. O club QUEERuña ten a súa peculiaridade en que se trata do primeiro club de lectura de temática LGTBI+ de Galicia. É o espazo de diálogo sobre cultura LGTBI+ das Bibliotecas Municipais dá Coruña que nace no ano 2016 co apoio da Concellaría de . Igualdade e diversidade No ano 2022 ábrese un segundo grupo deste club, dirixido a outras 20 persoas e no 2024, ante a forte demanda de participación, ábrese o terceiro grupo. Na actualidade, o club está formado por tres grupos e reúne a 60 persoas mensualmente.

    A dinámica é idéntica nos tres grupos. Cada sesión, de carácter mensual, xira ao redor dun libro no que se reflicta, dun modo ou outro, o colectivo LGTB. Haberá títulos con contido máis explícito e outros con menos, pero cada sesión servirá para desmenuzar a realidade LGTB e o seu tratamento na literatura.

    Para unirte non necesitas ser unha persoa experta na lectura: os clubs están pensados para persoas con inquietudes, ganas de ler, de facer novas amizades e intercambiar opinións con outras persoas. En realidade, o libro é só o punto de partida.

    A inscrición implica o compromiso de participar. O número máximo de ausencias permitidas é do 25 %. Unha vez superado este límite, a persoa será dada de baixa para que outra poida ocupar o seu lugar.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión