Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Coloquio e obradoiro: Coñecendo as non monogamias

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

A quen vai dirixido?:

Público xuvenil e adulto

Cando:

15/11/2025

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 27/10/2025 ata o 14/11/2025

Horario:

de 11 a 14 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Contacto:

Actividade para explorar o mundo das relacións non monógamas e o seu potencial para a transformación das nosas vidas e da nosa sociedade.

Hoxe en día resulta cada vez máis frecuente atopar cuestionamentos sobre os modelos relacionais na nosa sociedade.

Diversos movementos sociais, como o feminismo ou o colectivo LGTBIQ+, poñen en dúbida a hexemonía da familia nuclear como único modelo de familia posible. É por isto que moitas persoas buscan formas de relacionarse menos xerárquicas, máis igualitarias, e modelos familiares que se adapten mellor ás necesidades e desexos das persoas que as integran. 

Para dar resposta a isto xorde esta xornada que se compón de dúas accións:

  1. unha charla con Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París, coordinadoras da publicación O cento voando: amores, alianzas e non-monogamias (Xerais, 2023).
  2. un obradoiro, de metodoloxías participativas dinamizado por Non Monogamias Compostela, no que abordaremos cuestións como os mitos do amor romántico, a escaleira mecánica das relacións, a xerarquía relacional e familiar, entre outras.

Unha xornada completa que promete ofrecernos un primeiro contacto coa non-monogamia a través de actividades interactivas, co obxectivo de aprender a identificar os distintas compoñentes dos modelos relacionais para construír modelos alternativos.

Non o deixes pasar!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión