Encontros e presentacións
Para público en xeral
13/06/2026
Dende o 06/06/2026 ata o 13/06/2026
Require inscrición.
12.30 h
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña
981189886
Coloquio coa actriz, dramaturga e directora teatral Esther Carrodeguas.
As Bibliotecas Municipais da Coruña organizan unha charla aberta coa dramaturga e actriz Esther Carrodeguas. Unha oportunidade para coñecer o oficio da escrita teatral, os procesos de creación contemporáneos e o camiño que percorre un texto desde o papel ata a posta en escena.
A autora estará acompañada polo director Xavier Castiñeira e polos integrantes do equipo artístico e elenco de Iribarne, a produción da compañía ButacaZero na que Carrodeguas asina a dramaturxia e participa tamén como intérprete. Unha cita para conversar de preto sobre as engrenaxes do teatro actual coas súas propias creadoras.
Sobre Esther F. Carrodeguas
Esther F. Carrodeguas (Rianxo, 1979) é graduada en Dirección e Dramaturxia pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADg), licenciada en Periodismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Universidade de Turín e técnica superior de imaxe.
Cunha vintena de obras teatrais publicadas, na súa traxectoria como escritora tamén ten traballado xéneros como poesía, periodismo, narrativa e guión audiovisual. Os seus textos foron representados tanto en compañías privadas (De Ste Xeito, Octubre Producciones) como públicas (Centro Dramático Galego, Teatro Español, Centro Dramático Nacional).
Galardoada co Premio de Teatro María Casares a mellor autora no ano 2025, pola súa obra Iribarne.
Dirixe, xunto a Xavier Castiñeira, a compañía teatral ButacaZero, desde a que propoñen un teatro que dialoga coa actualidade cunha mirada crítica e irónica.
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible