Outras actividades, Visitas guiadas
Para público en xeral
Dende o 06/03/2018 ata o 31/03/2018
ata o 31 de marzoXa rematou
9 a 21h de luns a venres. 10 a 14h e 17 a 21h os sábados
Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña
981189886
Partindo dos estereotipos asignados tradicionalmente ás mulleres, e facendo uso do humor e a ironía, esta exposición homenaxea a todas as mulleres que se dedicaron e se dedican á investigación e á ciencia.
Esta exposición, que estará dispoñible para a súa visita todo o mes de marzo no Centro Ágora e en abril no Fórum Metropolitano, vén completar os obxectivos que persegue e novo centro de interese Xénero e feminismos, dispoñible na Biblioteca Ágora. Podes visitala libremente ou anotándote nunha das visitas guiadas que organizamos e que atoparás ao final desta páxina.
Unha homenaxe e/ou recoñecemento ás que foron ignoradas e ocultadas, ás que asinan os seus escritos e patentes, ás que teñen premios e ás que os merecen. O fogar, o cuidado das persoas maiores e da infancia, o ensino, a saúde, foron lugares e profesións destinados tradicionalmente ás mulleres.
E elas, coñecendo estes espazos, enfrontaron as súas necesidades: investigaron e inventaron solucións para mellorar a súa vida e a das persoas das que coidaban. Moitas mulleres sobresaíntes están nesta exposición: no terreo da saúde, Elena García desenvolveu Atlas 2020, un exoesqueleto para nenos/as, armazón que detecta o movemento residual de enfermidades neuromusculares; no cuidado de neonatos/as; Virginia Apgar ideou en 1953 unha proba-escala estandarizada: o test de Apgar. No terreo do fogar, Florence Parpart foi unha empresaria que inventou e patentou o frigorífico. No ensino hai grandes pedagogas, entre as que atopamos a Ángela Ruiz Robles, quen sendo mestra en Ferrol deseñou a enciclopedia mecánica. Outras foron grandes biólogas, aviadoras, bioquímicas ou excelentes enxeñeiras ou matemáticas.
Actividades relacionadas
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible