Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

María desde o exilio

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

17/11/2022

Xa rematou

Horario:

de 19 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña

Contacto:

Dentro dos actos do Ano Internacional de María Casares, afondamos a partir da súa figura na realidade das persoas exiliadas a través deste faladoiro.

María Casares foi sempre plenamente consciente da súa condición de exiliada. A súa vinculación e a súa responsabilidade co mundo do exilio (en Francia primeiro e na Arxentina anos despois) definen a súa figura e a súa personalidade. Non é posible coñecer e entender a María Casares sen abordar este importante aspecto da súa vida. A través deste faladoiro pretendemos concienciar do que o exilio supón na vida dunha persoa e na propia comunidade, tanto a de orixe como a de acollida. Facémolo coa intervención dunha persoa que o viviu en carne propia, desde a óptica da acollida e do acollemento, e cunha especialista na temática do exilio que nos dará unha breve perspectiva do que esta migración forzada supuxo -e supón- para España e para Galicia.

Participarán Montserrat Golías, profesora de Socioloxía  e CC. da Comunicación na UDC, e Ahmad Matar, refuxiado sirio que traballa no campo da cooperación.

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión