Talleres
Infantil
Para nenos e nenas entre 7 e 12 anos
11/08/2026
Dende o 30/07/2026 ata o 11/08/2026
Require inscrición
Das 11.00 ás 12.00 h
1 h
Biblioteca Municipal Castrillón. Praza Pablo Iglesias 1. 15009 A Coruña
Tel.: 981 184 390
Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico. Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.
Este obradoiro é unha actividade introdutoria ao debuxo manga impartida pola ilustradora Limbo, enfocada nas técnicas básicas de deseño de personaxes e expresións faciais. Para nenos e nenas entre 7 e 12 anos. Con Librería Mononoke.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible