Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Bibliotecas e Viñetas 2026

Cartaz Viñetas desde o Atlántico con texto que o relaciona coas bibliotecas.

Mais outro ano, as Bibliotecas Municipais sumámonos á festa do cómic máis especial da cidade: Viñetas desde o Atlántico.

Durante o mes de agosto, o cómic sae dos andeis e chega ás vosas mans en forma de charlas e encontros, presentacións, obradoiros, mostras e exposicións.

Ademais de atopalos nas bibliotecas, tamén os sacamos á rúa, en concreto, á rúa da Banda Deseñada, onde atoparás a nosa caseta e a bibliotecarias e bibliotecarios fancomiqueiros con ganas de falar do que máis lles gusta: o cómic!

Tes toda a programación detallada a continuación! 

Sabías que...? Durante todo o ano, nas bibliotecas podes atopar comictecas para que atopes á primeira esa banda deseñada que non sabías (ou si) que precisabas ler.

Programación Viñetas Biblio

Encontros e obradoiros nas bibliotecas (con inscrición previa)

Actividade Idades Onde Cando
Obradoiro de debuxo manga (Viñetas) 7/12 anos Biblioteca Castrillón 11 de agosto, 11:00 h
Charla: Como se fixo "Polvo, barro y fe" (Viñetas) Todos os públicos Biblioteca Estudos Locais 11 de agosto, 11:00 h
Obradoiro: Cómics e "mazmorras": forxa o teu personaxe (Viñetas) 12/16 anos Biblioteca Durán Loriga 12 de agosto, 11:00 h
Obradoiro de personaxes máxicos (Viñetas) 6/10 anos Biblioteca Monte Alto 12 de agosto, 11:00 h
Obradoiro: Cartas e cómics: One Piece & Riftbound (Viñetas) +10 anos Biblioteca Fórum 12 de agosto, 11:00 h
Obradoiro: Cartas e cómics: Pokémon e Magic (Viñetas) +10 anos Biblioteca Durán Loriga 13 de agosto, 11:00 h
Obradoiro de debuxo manga (Viñetas) 7/12 anos Biblioteca Ágora 13 de agosto, 11:00 h
Clase maxistral con Raúl García (Viñetas) Todos os públicos Biblioteca Estudos Locais 14 de agosto, 11:00 h
Obradoiro: Cartas e cómics: One Piece & Riftbound (Viñetas) +10 anos Biblioteca Durán Loriga 14 de agosto, 11:00 h

Encontros e obradoiros na rúa da Banda Deseñada (abertos ao público)

Actividade Onde Cando
Encontro con Alberto Taracido (Viñetas) Carpa da Rúa da BD 11 de agosto, 13:00 h
Faladoiro cos Premios Castelao 2025 (Viñetas) Carpa da Rúa da BD 11 de agosto, 17:00 h
Maratón de debuxo con autoras fantásticas (Viñetas) Caseta das bibliotecas 13 de agosto, ao longo da xornada
Faladoiro: Memoria social e democrática na Banda Deseñada (Viñetas) Carpa da Rúa da BD 14 de agosto, 12:00 h

Mostras e exposicións

Mostra Descrición Cando e onde
Trazos da memoria Hai recordos que o tempo non pode borrar, e que atopan na BD o seu mellor medio. Relatos biográficos íntimos e grandes crónicas colectivas. Pasa pola túa biblioteca municipal máis próxima, percorre a mostra e leva para a casa lecturas que farán que mires o pasado con outros ollos.

Nas seguintes bibliotecas nos meses de agosto e setembro, en horario de apertura: Ágora - Castrillón - Durán loriga - Fórum - Monte Alto - Os Rosales - Sagrada Familia.

ExpoFanzines Autobán Exposición dos fanzines presentados ao Premio ao Mellor Fanzine Galego 2025 organizado pola Asociación Cultural Autobán destacando os premiados na edición. Na Biblioteca Municipal de Estudos Locais no mes de agosto, en horario de apertura.

Programa completo de Viñetas desde o Atlántico

Tamén che pode interesar

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios no buscador de ou Actividades nas bibliotecas busca En calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión